Asembleas Xerais 2024

Tódolos socios e socias desta Agrupación están convocados/as á celebración das seguintes Asembleas o día 4 de setembro do 2024 no noso Local social:

Asemblea Xeral Ordinaria

Convocatorias

1ª Convocatoria. 19:45 horas.
2ª Convocatoria: 20:15 horas.

Orde do día

  1. Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior.
  2. Informes de Presidencia.
  3. Informes de Tesoureiría. Aprobación das contas do 2022 e 2023.
  4. Memoria de actividades dos anos 2022 e 2023.
  5. Propostas e suxestións.
  6. Rogos e preguntas.

Asemblea Xeral Extraordinaria

Convocatorias

A continuación da Asemblea Xeral Ordinaria.

Orde do día

  1. Elección de cargos para a Xunta Directiva: Presidente, Secretario, Contador e Vogais impares, segundo o punto 6 dos Estatutos da Agrupación.

O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 03/09/2024.

Aqueles/as socios/as que desexen delega-lo seu voto, poden facelo a través deste documento de delegación do voto, que terá que portar a persoa representante durante as Asembleas ou ben ser remitido por correo postal/electrónico á Agrupación, neste segundo caso serán válidos tódolos documentos recibidos ata o 03/09/2024.